jueves, 16 de noviembre de 2017

Curtas de Club

O Club de lectura segue a realizar tódolos mércores actividades vencelladas á maxia que anida nas palabras e nas historias! Pero nas últimas ocasións, a través da imaxe!
Na sociedade actual, cada vez é mais importante saber interpretar e analizar o discurso audiovisual. De ahí que estas últimas semanas os nosos esforzos xiraran ao redor das historias contadas dende o cine

O mércores pasado, dentro da temática de medo e intriga que este mes se traballa dende a biblioteca, o alumnado de primaria disfrutou da proxección da curtamentraxe A bruxa regañadentes. 
Pode que pasaran un pouco de medo... pero tamén botaron unha que outra gargallada con esta historia  que tanto lles gusta, e que a gran maioría xa coñecía a través do libro de OCO.

E onte o alumnado da ESO, grazas á colaboración co EDLG, disfrutou da proxección da curtametraxe "Conversa cunha muller morta", 

e ademais tiveron o privilexio de falar cara a cara coa súa directora, Sonia Méndez, quen tras un debate sobre a proxección, compartiu con elas e eles a problemática actual da invisivilidade da muller no sector do audiovisual.
Un luxo ao alcance de poucos!
Abordar a violencia de xénero, e o papel cambiante da muller na sociedade actual, da man dunha directora de cine, actriz e emprendedora de referencia no audiovisual galego.
Grazas Sonia!

miércoles, 25 de octubre de 2017

CLUB DE LECTURA

RAPAZAS DE CONTOS

TITIRITESA
de Xerardo Quintiá

O pasado mércores o alumnado de primaria puido disfrutar no club de lectura coa dramatización de Titiritesa, unha princesa de conto moi especial que pon do revés (ou do dereito?) ao reino de Trasantonte, grazas a outra maneira de velo mundo.

Alumnos e alumnas metéronse de cheo nas persoaxes de Godofredo, Bufaldino, Wendolina, Mandolina... e conseguimos non só pasar un bo rato, senón tamén, practicar de paso a arte da prosodia, ferramenta imprescindible para a compresión e o disfrute da lectura!

Velaí vos deixamos un anaco!









Vémonos o vindeiro mes! 

Dramatizaremos un conto de meeeeeedoooooo!




miércoles, 28 de junio de 2017

Letras Galegas 2017

Este ano celebramos o festival das Letras Galegas , adicado a Carlos Casares, con representacións de obras de teatro, lecturas , entrevistas,...



jueves, 6 de abril de 2017

Contacontos de Xerais

Tivemos unha sesión de contacontos por parte de edicións Xerais para os/as máis pequenos/as do centro.