miércoles, 21 de diciembre de 2016

Os nosos 7 cabritiños

O noso alumnado de 1º de Primaria preparou o conto dos sete cabritiños.

ANIMÁDEVOS A VELO!!!



lunes, 19 de diciembre de 2016

O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA E CAMALEO FIXERON DE "CONTACONTOS"





O pasado luns o alumnado de 6º de primaria realizou unha sesión de "contacontos" . Todos disfrutamos moitísimo coas súas lecturas, e Camaleo marchou moi contento.


lunes, 28 de noviembre de 2016

Marusía, de Belén Pérez gana o VI premio de literatura infantil El cuentagotas, da Fundación Canal.


A nosa profesora de lingua galega e xefa de estudos de secundaria Belén Pérez Aldáriz, recolleu a pasada fin de semana en Madrid o primeiro premio do certame literario infantil El cuentagotas, da Fundación Canal, co relato Marusía.

Con motivo do día universal do neno, a Compañía Illana de teatro levou a cabo a lectura teatralizada dos contos ganadores e posteriormente fíxose entrega dos premios.  Os cinco relatos inclúense nunha publicación para nenos e nenas de 8 e 12 anos fermosamente ilustrada, á que podedes aceder aquí

Invitámosvos a disfrutar con Marusía!

Noraboa Belén!






martes, 4 de octubre de 2016

TERRITORIO DAS ARTES E LITERATURA CLÁSICA

Este curso o lema escollido para as bibliotecas escorales é "Territorio das Artes"



O cartel deste ano foi creado pola ilustradora Minia Regos, e convídasenos a explorar o mundo artístico a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, a escultura, as artes visuais... e indagar na nosa parte creativa.

Dende a biblioteca deste centro, e como lema anual, exploraremos o territorio das artes achegándonos a el dende a A Literatura Clásica, pedra angular da nosa literatura occidental. Os heroes, mitos e deuses terán un protagonismo especial, pero tamén o terá o teatro, ao que as culturas clásicas daban gran importancia, como tamén llo daban á exaltación da beleza nas artes, ou ás virtudes e defectos da natureza humana (fortaleza, celos, envexa, rencor...) e que ademais tan ben souperon recoller tanto a través da poesía como das traxedias.

ENCONTRO CO ESCRITOR MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

O alumnado de 3º, 4º ,5º e 6º de Educación Primaria disfrutou onte dun encontro co escritor Miguel Ángel Alonso Diz, organizado polo Club de Lectura Barallando Libros. Puideron coñecer de primeira man o proceso creador do conto "A nena á que non deixaban ser feliz", dende as primeiras ideas de inspiración ata os pasos implicados na edición. O alumnado disfrutou desta actividade didáctica traballando previamente na aula o conto, e durante o encontro co escritor preguntándolle con curiosidade polo seu proceso creador.

jueves, 2 de junio de 2016

SESIÓN DE CONTACONTOS DE KALANDRAKA

A principios de Xuño tivemos  unha sesión de contacontos  coa vista do actor, músico e narrador PACO NOGUEIRAS  a partir da obra CANTAROLAS de Xosé Neira Vilas, para o alumnado de educación infantil e  educación primaria.


miércoles, 17 de febrero de 2016

AS ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA E CAMALEO DELEITÁRONNOS CUN FERMOSO "CONTACONTOS"

O pasado venres as alumnas, Laura, Ana María, Johana, Noelia Santín, María e Noelia Núñez realizaron unha sesión de "contacontos" para tódolos alumnnos e alumnas de primaria. Todos disfrutamos moitísimo coas súas lecturas, e Camaleo marchou moi orgulloso do ben que o fixeron as nosas alumnas e agardando que noutra ocasión se anime máis alumnado a realizar esta actividade.

miércoles, 13 de enero de 2016

NADAL CON CAMALEO

Por fin coñecemos a Camaleo! O alumnado de primaria recibiu cantando á nosa mascota da biblioteca e compartiu con nós o peche do festival do Nadal.
Benvido Camaleo!