martes, 26 de junio de 2012

Roteiro Fiz Vergara Vilariño

O día 20 de xuño fixemos a viaxe programada do noso club de lectura. Agardamos ata esa data para facer a excursión relaxados/as, co curso xa rematado. A experiencia deixou en todos nós un bo sabor de boca, non só polo xantar, que tamén, senón polas imaxes que gardaremos para sempre nas nosas retinas.
Fiz Vergara Vilariño é o poeta da Lóuzara Xiabreira, como el lle chama á súa terra. A vida foi unha cabrona con el negándolle o máis incuestionable do ser humano: o amor. Fiz cántalle a este amor soñado e nunca tido no marco incomparable da natureza louzariña con palabras puras e sinceras.
Con este roteiro queremos render homenaxe a unha persoa que sufriu os sensabores da vida e que só atopou na poesía consolo para os seus males. Di D. Xesús Alonso Montero que fixo literatura como defensa contra as ofensas da vida.
Aquí tedes unha reportaxe gráfica deste roteiro:

jueves, 7 de junio de 2012

 
"Folerpas" é o título da revista que facemos no colexio desde o equipo de biblioteca. Un dos seus membros encárgase da súa  coordinación e maquetación. Xa imos polo número 33. Aquí tedes "Folerpas"... aínda que sexa no mes de xuño.