martes, 28 de junio de 2011

Premio emocional

Vimos de recibir un premio que sabe a sinceridade por parte de Bibliolhosgrandes. Nun final de curso especialmente desmotivador por quen tiña a obriga de alentar, apoiar, e recoñecer o esforzo dos seus docentes en vez de desprestixiar o ensino público do que son responsables, chéganos o apoio moral dun "cole" amigo que sabe de esforzo e de sacar adiante proxectos e iniciativas e os recoñece aos demais.
Grazas, xa que logo, e querémolo compartir ( pois é obriga de quen o recibe) cos seguintes blogues, por proximidade física e/ou emocional:

jueves, 23 de junio de 2011

Roteiro literario

A lectura do libro "El hombre que plantaba árboles", no Ano Internacional dos Bosques, propiciou unha viaxe ao Courel do noso club de lectura para establecer contacto directo cunha das xoias botánicas de Galicia: a Devesa da Rogueira. Foi unha xornada redonda que convertimos nun roteiro literario coa poesía de Novoneyra. Cada recuncho, cada cova, cada fonte...atopa a súa voz no bardo do Courel.
Visitamos a Estación Científica do Courel. Recibiunos o seu director: Javier Guitián, a quen agradecemos a súa amabilidade.
Tamén queremos agradecer a Ricardo Locay Aira, amigo do mediador do noso club de lectura, as facilidades para visitar a súa Ferrería, a Ferrería Locay.
Aquí tedes a crónica gráfica  e poética da viaxe.

sábado, 11 de junio de 2011

IV Xornada dos clubs de lectura

O venres, 10 de xuño,  celebrouse en Compostela a IV xornada dos clubs de lectura. É a primeira vez que participamos nestas xornadas porque tamén é a primeira vez que temos no centro un club de lectura oficial e subvencionado. A conferencia inaugural estivo a cargo da profesora da Universitat de Barcelona, Ana Díaz-Plaja que nos falou da boa literatura e da literatura basura. Tamén participou o escritor Fernando Marías, autor, entre outros libros, de "Cielo abajo" e o recente "El silencio se mueve".
Houbo asimesmo unha mesa de experiencias para dármonos unha idea do que se está a facer en Galicia en materia de lectura por pracer.
Foi un día para compartir, intercambiar experiencias, ideas e opinións. Viñemos co saco cheo de iniciativas que logo poremos en práctica.

domingo, 5 de junio de 2011

El hombre que plantaba árboles.

No club de lectura "Barallando libros" queremos celebrar o día mundial do medio ambiente compartindo con vós un libro que nos gustou especialmente: "El hombre que plantaba árboles". O día 21 iremos ao Courel para aprender máis cousas da natureza e dos bosques. Á volta, teredes información desta viaxe.
De momento, aquí tedes  esta presentación sobre ese marabilloso libro.

El hombre que plantaba árboles

No día mundial do medio ambiente, dende a nosa biblioteca recomendamos un precioso libro que desde que se publicou, aló polo ano 1953, foi motivo de inspiración para programas de reforestación por todo o mundo. Quedémonos con estas referencias do prólogo e do epílogo da última edición.

"Elzéard Bouffier jamás existió, pero lo estamos esperando antes de que sea demasiado tarde para el mundo" (José Saramago)

"El bosque puede sanar el cambio climático, el avance de los desiertos, la erosión, la escasez de agua y combustible así como la creciente fealdad del paisaje" (Joaquín Araujo)

miércoles, 1 de junio de 2011

A miña planta de laranxa lima

Estreamos hoxe esta sección de recomendacións cunha novela case autobiográfica de José Mauro de Vasconcelos que vimos de ler no club de lectura. O libro titúlase "A miña planta de laranxa lima". Recomendamos a versión en galego por estar máis próxima ao portugués, idioma no que foi escrito o libro. Na biblioteca tamén o temos en castelán.  É unha conmovedora historia de desamparo, de soidade, de renuncia, de amizade. Moi triste pero tan tenra que move a chorar. É un deses libros que hai que ler algún día, independentemente da idade que se teña. Propúxenllelo no club de lectura e déronme a entender que non lles ía ese tipo de cousas. Como insistín, aceptaron e agora tamén eles transmiten a mesma recomendación.