sábado, 23 de abril de 2011

Salva un libro, crea un bosque.

 
Este era o lema do traballo colectivo que pretendiamos para conmemorar o día do libro. Quen quixo fixo a súa aportación, e con todas elas creamos o noso particular bosque dos libros salvados. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.

viernes, 15 de abril de 2011

Animación día do libro

Co gallo do día do libro, e como esta data cae en vacacións de semana santa, adiantámonos á súa celebración e convidamos a Antón Castro quen gustosamente acudiu á nosa chamada para compartir connosco o seu bo facer en materia de música, literatura oral e humor. Grazas, Antón, polo que nos ensinache e polo que rimos.

lunes, 11 de abril de 2011

Encontros PLAMBE 2011

O xoves e venres (7 e 8 de abril) tiveron lugar en Compostela os encontros dos centros adscritos ao Plan de mellora de bibliotecas escolares. Alá nos demos cita os responsables das 374 bibliotecas dese plan. O primeiro día foi para os centros de nova incorporación. 
Que dicirvos?... Pois que foi unha ocasión máis  (todas son poucas) para aprender, intercambiar experiencias, ver o que se fai noutros centros,  para, en definitiva, recargar baterías e poder continuar co compromiso asumido de converter a nosa biblioteca nun lugar agradable, útil e dinámico.
Quen teña interés nos materiais destes encontros pode velos AQUÍ nun espazo moodle habilitado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares ao que se pode entrar como convidados.