lunes, 14 de febrero de 2011

Xincana cultural

O concurso deste ano chámase XINCANA CULTURAL. Haberá catro niveis. 
  • Trátase dun concurso no que haberá unhas probas sobre as distintas actividades que facemos no centro, por exemplo, día da paz, novas tecnoloxías, etc.
  • O concurso este ano terá carácter individual.
  • Se queres participar, resolve as  probas que colocaremos nos paneis dos diferentes espazos e entrega a solución na biblioteca.
  • Cada participante pódese incorporar ao concurso cando queira, aínda que cantas máis probas solucione máis posibilidades terá de optar ao premio.
  • Comezamos no mes de marzo.
  • Haberá premio para os/as gañadores/as de cada categoría.

domingo, 13 de febrero de 2011

Poesía e novas tecnoloxías

As novas tecnoloxías cada vez están máis presentes na literatura. Nós andivemos a buscar poemas que teñen as novas tecnoloxías como tema. Coas pesquisas elaboramos este dossier que quere humanizar, sensibilizar...estas ferramentas tan empregadas e que teñen unha lenda de frialdade e pouco agarimo.

viernes, 11 de febrero de 2011

Novas Tecnoloxías

"As novas tecnoloxías" é o tema que estamos a traballar este ano dentro dos proxectos documentais integrados. Entendemos que as novas tecnoloxías non son a panacea para solucionar os problemas que ten actualmente o ensino, pero constitúen unha ferramenta sen a que sería difícil entender a educación de hoxe.
Con elas, a través deste blog, queremos dar a coñecer o que facemos desde a biblioteca do noso colexio e, ao mesmo tempo, potenciar unha plataforma onde o noso alumnado dispoña dunha constante e actualizada fonte de información.